Portada

A formación en Podemos foi un compromiso que asumimos como proxecto político trala II Asemblea Cidadá de Vistalegre e, especialmente, tralo encontro en «En Marcha 2019». onde se proxectaron algunhas das nosas liñas mestras na folla de ruta cara as eleccións europeas, autonómicas e municipais do 2019.

A escola está dirixida exclusivamente a cargos públicos de Podemos (isto é, a eurodeputadas e eurodeputados, a deputados e deputadas estatais e autonómicos, a senadores e senadoras, a membros de Xuntas, Cabidos e Consells, a concelleiros e concelleiras) e a quen forman parte dos equipos de goberno. Nela ofrecerase formación técnico-política en distintas materias, co obxectivo de que os nosos cargos públicos adquiran competencias que lles permitan desempeñar un mellor traballo institucional.

E non só iso. Esta escola pretende ser o gran espazo de formación de cara ao futuro máis inmediato. Gobernamos xa nas principais cidades do país, en Castela- A Mancha ou nos Consells, pero aspiramos a gobernar máis e mellor tralas eleccións do 2019. Esta será a nosa «escola de goberno».

Unha escola permanente no tempo, itinerante no territorio e renovable nos seus contidos: que se desenvolverá de aquí a 2019 e máis alá, desprazarase polo país e renovará periodicamente o seu programa formativo.

A súa vocación itinerante permitirá aos cargos públicos de Podemos acudir á escola sen necesidade de cubrir grandes distancias. A idea é sinxela: convocaremos aos nosos cargos públicos en distintas cidades e datas.

Arrincamos cun programa formativo moi completo, que inclúe temas coma a comunicación política e a oratoria, o municipalismo, a plurinacionalidade, o desenvolvemento programático, os feminismos, o mundo rural, as políticas fronte á corrupción, etcétera.

Participarán distintas secretarías, áreas e equipos de Podemos. E, por suposto, queremos que ti, cargo público de Podemos, tamén participes. Agardámoste!

I edición: o 9 e 10 de xuño en León, con cargos públicos de Castela e León, Galiza, Asturies e Cantabria

II Edición: o 29, 30 de xuño e o 1 de xullo en Pamplona, con cargos públicos de Euskadi, Nafarroa, A Rioxa e Catalunya